Ámbitos de Loita

ÁMBITOS DE LOITA
A banda de Rock:

O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal.

O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática.


XeRock Percusión:

No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro.

XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual.


lunes, 25 de enero de 2016

Video do Concerto no Kannion Surf Bar de Montalvo

Aquí tedes a ligazón ao concerto íntegro de XeRock no Kannion Surf Bar de Montalvo o pasado sábado 23 de xaneiro.

Unha vez máis, graciñas de todo corazón aos nosos anfitrións, Toño e Esmeralda.

https://youtu.be/7bAyt7ZJm-g

sábado, 23 de enero de 2016

Generoso, puro rock and roll

Aí está o Gene: simpatía e ritmo, personalidade e carácter. Amante da velocidade e da música en directo.

miércoles, 20 de enero de 2016

Música x Dignidad

Música x Dignidad, un proxecto ben chulo onde, cómo non, tiña que estar XeRock!
Aquí a súa páxina:
Aquí a nosa aportación:

martes, 19 de enero de 2016

XeRock no Kannion Surf

Xa é sabido que o Kannion Surf de Montalvo (Portonovo) fíxose un oco nos locales de concertos da Galiza.

Toño e Esmeralda apostaron forte pola música en directo e unha oferta gastronómica exquisita, e así lles vai: todas as bandas que tivemos o privilexio de disfrutar da súa acollida falamos en segredo dese local de surfistas que non te podes perder.

Este sábado 23 de xaneiro actuamos con XeRock, ás 22:00.
Kannion Surf, praia de Montalvo. Portonovo

viernes, 9 de octubre de 2015

Os comezos de XeRock Percusión

Hoxe recordamos este vídeo do programa Sobre Rodas, no ano 2010, onde entrevistan ao profe de música. Os nosos comezos con XeRock Percusión!

http://www.vtelevision.es/programas/sobrerodas/2010/06/22/0031_13_13932.htm

lunes, 5 de octubre de 2015

A fábrica de músicas

Este recuchiño húmido e escuro é o local de ensaio de XeRock e máis de XeRock Percusión.

Tódolos luns, martes e xoves a partir das 10 reunímonos aquí para disfrutar coa música. Non é particular, de vez en cuando móllase como os demais; tampuco ten unha boa acústica, e normalmente estamos apretadiños... Pero gústanos. Esas paredes de ladrillo á vista, ese chan destartalado... Ademais cumpre cunha máxima que nos encanta: non fan falta grandes medios cando hai tanta paixón, implicación e ganas de traballar.

Poderíamos ter a mellor sala de ensaio do mundo, pero non o faríamos mellor.

miércoles, 30 de septiembre de 2015

XeRock partindo melóns en Sandiás

Este sábado 3 de outubro visitamos por fin ese garito en Sandiás que tanto está dando que falar pola súa programación comprometida e imparable: A Corte dos Bois.

A programación que acompañará a actuación está centrada na discapacidade, con merendola e exposición artística a partir das 18:00.

O concerto será ás 21:00.