Ámbitos de Loita

ÁMBITOS DE LOITA
A banda de Rock:

O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal.

O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática.


XeRock Percusión:

No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro.

XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual.


jueves, 25 de septiembre de 2014

Calendario concertos outubro 2014

* martes 30 setembro. Centro Penitenciario da Lama (Pontevedra)
* xoves 9 outubro. Sala Rouge (Vigo)
* sábado 18 outubro. Multiusos del Tormes (Salamanca)
* venres 24 outubro. CS Fuscalho (A Guarda)

Hasta a polla de tanta compaixón

Como xa é costume estival, pasamos unha mañán moi chula, gracias a axuda e arte de Iago Alonso, facendo este vídeo en riguroso directo na terraza do San Xerome. Tema novo, disfrutade!



lunes, 15 de septiembre de 2014

XeRock finalistas Certame IgualArte 2014

Xa é oficial: XeRock foi seleccionado como finalista no 2º Certame da Fundación IgualArte. De momento sólo sabemos que imos actuar o xoves 9 de outubro na sala Rouge de Vigo, no concerto de finalistas. Gañemos ou non, para nós isto xa é un éxito.

http://certamen.fundacionigualarte.com/descarga-las-bases/