Ámbitos de Loita

ÁMBITOS DE LOITA
A banda de Rock:

O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal.

O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática.


XeRock Percusión:

No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro.

XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual.


lunes, 9 de septiembre de 2013

Actitude e Altitude

Estamos a ultimar os detalles do novo disco de XeRock, e mentres tanto -e unha vez mais coa axuda de Iago Alonso- fixemos un pequeno clip de "San Xerome", un tema que estará incluído no disco.





martes, 3 de septiembre de 2013

Comezo de Curso a ritmo de Reggae

Comezamos o mes de setembro, con ilusión e retomando os ensaios. A pesar das vacacions non estivemos parados, diso nada. No pasado mes de agosto rematamos de mezclar a gravación de XeRock, e estivemos traballando no deseño gráfico do disco: todo boas novas e moita actividade como sempre.

E unha mais: este sábado día 7 actuamos no Minho Reggae, que este ano cambia de ubicación e que se vai celebrar no Espazo Fortaleza de Goián. Actuamos ás 19:00 e a entrada é gratuita para tódalas actividades que xunto coa nosa se celebran en horario de tarde. Pero polas noites do venres e mais do sábado tamen hai parranda, e aínda que hai que pagar por ela, dende aqui animamos a todo o mundo a acudir en masa a un Festival feito por xente xeitosa e amable, nun lugar precioso, con moita herba e cemento, que xa é público.

Moitas grazas a Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e á Organización do Minho Reggae.