Esta mañan recibimos este maravilloso regalo dende A Lama!
El Puzzle Rojo, de Paco Merchán, presentador do programa de radio do Centro Penitenciario, onde cumpre condea de 9 anos por falsedade documental e estafa a entidade bancaria.
Unha aperta forte Paco, moitísimas grazas!!!
XEROCK é un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda. A misión do Centro San Xerome é facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar, laboral e social. Conmemoramos o décimo aniversario de XeRock (2003-2013) coa apertura deste blog, para informar das nosas actividades.
Ámbitos de Loita
| ÁMBITOS DE LOITA A banda de Rock: O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal. O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática. XeRock Percusión: No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro. XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual. |
lunes, 24 de marzo de 2014
viernes, 21 de marzo de 2014
XeRock chimpando muros. Crónica da Lama
A finais dos anos 80
aínda non tiñamos xiradiscos, mais o meu irmán xa mercaba vinilos compulsivamente
para cando chegara ese esperado día. Un dos primeiros en aparecer foi o de
Johnny Cash Live at San Quentin…
Ó igual que Johnny Cash, sentímonos
persoas preocupadas pola situación dos Centros Penitenciarios e precisabamos
ese “achegamento” para saber, aínda que fora superficialmente, o que se coce
nestas institucións que pagamos entre tod@s.
E imos gardar as nosas
impresións ó respecto… Este novo proxecto de XeRock espera continuar a lo menos
por tódalas prisións de Galiza.
O fío conductor da
actividade foi o programa “DespertaRock” da Radio do Centro Penitenciario da
Lama, onde alternaron as entrevistas a Gene, Puri e Vane coa proxección do
documental Cantos Rodados e unha actuación en directo de XeRock para unhas 200 persoas.
Francisco Javier Villa
Peñas tivo a ben escrivbirnos estas amables verbas ó día seguinte:
“Desde
que me enteré quienes erais y lo que hacíais quedé ya enganchado y me pareció
que la realidad que nos ibais a hacer llegar con vuestra visita podía darnos a
todos una lección de humildad, de humanidad, de espíritu de superación. Me
pareció que la presencia de personas discapacitadas tocando en un grupo,
independientemente de la calidad de la música, podía servir para
sensibilizarnos a todos sobre una realidad que está ahí pero para la que quizás
no queremos mirar, más en una sociedad que prima lo material, la belleza
externa, lo superfluo…Me pareció también un ejemplo para muchos internos que no
asumen la responsabilidad individual de sus actos y tienden a culpabilizar a la
sociedad de todas sus acciones y que en base a eso se acomodan a sentirse
víctimas y no son capaces de tomar las riendas de su vida e intentar un
cambio que, aunque difícil, es posible y merece la pena intentar y para el que
cuentan con el apoyo de los profesionales que trabajan en nuestro centro.”
Tamen as palabras
do Xefe de Servicios á Subdirectora de Tratamento:
“Éxito rotundo. Aforo
completamente cheo. CONMOVEDOR!!!”
Mención e agradecementos
especiais a Javi, que dende o posto de administración na Lama implicouse dun
xeito extraordinario, e por suposto a Lorena, xa que foi quen deu os primeiros
pasos para levar o proxecto adiante.
Quixéramos rematar esta
entrada compartindo con vós as cartas que recibimos dos internos dos módulos 5
e 6 da Lama. Estamos absolutamente abrumados, moitas grazas.
viernes, 7 de febrero de 2014
XeRock na Lama
O vindeiro xoves 6 de marzo estaremos actuando nas instalacións do Centro Penitenciario da Lama, en Pontevedra, e non podemos decir máis por motivos de seguridade...
domingo, 2 de febrero de 2014
CRÓNICA DUN CONCERTO ANUNCIADO
Presentación do novo disco de XeRock. Sábado 1 de febrero 2014. CS Fuscalho, A Guarda.
E así foi como naceu o novo traballo de estudio de XeRock, “…vou seguir insistindo estar”, nun concerto memorable cun cheo absoluto, e no ambiente familiar e amigo co que sempre acolle o Centro Social Fuscalho da Guarda: boa xente entisuasta e amable: sempre activa, sempre en loita. Como XeRock.
Dende XeRock o noso agradecemento máis sincero a tódolos fans do proxecto, e especialmente aos que estiveron sempre ahí dende o comezo, e que onte corearon as cancións e animaron ós auténticos protagonistas da velada: Gene, Puri, Vane e o Centro San Xerome.
Coa presentación deste novo traballo concluímos as actividades conmemorativas do décimo aniversario do Proxecto XeRock - Música e Discapacidade (2003-2013)
Emprendemos unha nova etapa, cun novo disco baixo o brazo, e con máis folgos que nunca para seguir traballando .
XeRock “…vou seguir insistindo estar”-á venda na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galiza, 23 - A Guarda)- foi gravado por Miguel de la Peña en Estudios Baixo Miño.
lunes, 13 de enero de 2014
Nova data para o Concerto presentación do novo disco
Despois de pospoñer o concerto previsto para o mes de decembro, anunciamos gustosos que xa temos nova data:
a presentación do novo disco de XeRock será o próximo sábado 1 de febreiro no Centro Social O Fuscalho de A Guarda ás 20:30 h.
miércoles, 25 de diciembre de 2013
sábado, 21 de diciembre de 2013
Xa está á venda o novo disco de XeRock
Aínda que tivemos que aprazar o concerto-presentación decidimos poñer ó disco á venda igualmente.
Estas son unhas datas que entendemos que poden beneficiar moito a que se mova o disco.
Co cual a partir do luns 23 de decembro, na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galiza, 23 - A Guarda), estará disponible o CD "...vou seguir insistindo estar", o novo traballo de XeRock, a un prezo de 5 euros.
Regalade música, regalade ilusión.
Estas son unhas datas que entendemos que poden beneficiar moito a que se mova o disco.
Co cual a partir do luns 23 de decembro, na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galiza, 23 - A Guarda), estará disponible o CD "...vou seguir insistindo estar", o novo traballo de XeRock, a un prezo de 5 euros.
Regalade música, regalade ilusión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











