Ámbitos de Loita

ÁMBITOS DE LOITA
A banda de Rock:

O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal.

O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática.


XeRock Percusión:

No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro.

XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual.


martes, 23 de julio de 2013

Mais cancions para a loita



No 2005, dous anos despois de comeza-la andaina de XeRock, gravamos seis cancións con Elías Domínguez en "SinTonNiSon Estudios".
Editámolo, e o resultado foi "IntegrAcción", toda unha declaración de principios. Un disco que nos leva acompañado dende entón, e que claramente marcou un antes e un despois na banda, no Proxecto.

Pois ben, levounos oito anos, pero estamos a gravar de novo. E outra vez seis temas.

Baixo Miño Estudios entendeunos e atendeunos perfectamente. Quixemos gravalo en directo, coas nosas subidas de tono e as nosas baixadas de tensión. Comezará a soar despois do veran.

Gracias Elías Domínguez.
Gracias Miguel de la Peña.



jueves, 18 de julio de 2013

XeRock Percusión. A primitividade do ritmo.



Este é un video que fixemos durante a histórica vaga de calor do pasado mes de xullo, aínda emocionad@s despois da exitosa primeira actuación de "XeRock Percusión", en Santiago de Compostela, nas Festas do Barrio de San Pedro.

De feito, temos que agradecer á Comisión de Festas -en especial a Roxo- por apostar sempre por San Xerome. Por suposto tamen a todol@s voluntari@s que nos acompañaron ese día para facer realidade algúns soños que viñan espertándose xa de lonxe.

Nun principio pensamos en facer o videoclip para participar no Certame Artístico IgualArte pero o certo é que, participemos ou non, quedounos unha bonita carta de presentación.

Puri coa pandeireta; Luisa e Óscar B. nos teclados; Gene, Luis, Laure, Fabio, Óscar R., Isaac, David e Victor coas baquetas e Jairo no baixo: sen trampa nin cartón; a música de "XeRock Percusión" en directo.

Graciñas Iago Alonso. 




lunes, 13 de mayo de 2013

XeRock, a banda.


GENE

Coñezo a Generoso dende fai mais de dez anos. Quérolle moito, é un tipo singular. Gene é desas peroas que son todo corazón, tanto para rir como para cagarse en todo e patear unha porta; un tirano da simpatía. Amante da conversa, do ritmo, e de todo aquilo  que teña motor e rodas. Tamen é amante dunha moza de Redondela: Vicky, a única persoa sobre a faz da terra capaz de poñerlle as pilas de verdade.



O primeiro que me dixo o día que mo presentaron foi preguntarme se tiña coche. Eu pregunteille se él tiña unha batería. Eu dixen "aínda non", él respondeume "si, no salón da casa". E alí comezou todo.




VANE

Sen Vane no habería Rock. Impórtalle un carallo o que ti lle digas. Non atende a horarios, nin a xefes nin a obrigas. Ás veces pasota, ás veces rebelde... con todo, menos co amor.  Iso si que é Rock.



Tivo a sorte de crecer na casa dun músico, e toca o baixo. Á hora de ensaiar é un pouco perezosa, pero se hai que pillar a furgo, actuar polo mundo adiante, ten por seguro que é a primeira en aparecer, sempre toda guapa. Mólalle moito debuxar, e a min encántame, porque aínda que a miña melena é cada vez mais escasa, ela sempre se preocupa de debuxarme cunha boa mata.




PURI

En tan sólo 6 meses Puri sumerxiuse no proxecto coma se levara toda a vida. Nunca mirei unha persoa tocar a pandereta con tanta responsabilidade.



Os caprichos de Puri non son moitos, pero sí intensos: atender na Cafetería do San Xerome e a cor rosa fucsia son dous deles. Ten a vida arreglada, e se lle deixas, pódeche arreglar a túa tamen. É unha cousiña amorosa, pequerrecha, e vestida da cor do chicle que cando a ves sólo podes pensar en achuchala... Entón e cando che solta iso de  "ti estás cabra de todo".



Derrítese cando mira un bebeciño, e podes intuir que está reprimíndose con todalas suas forzas para non collelo no regazo: coño, un bebé!





Ciano e Víctor son os outros dous, as incógnitas da ecuación, os que tiran do carro, ás veces incluso p´trás.


Nos somos XeRock, somos boa xente e gústanos a música.