XEROCK é un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda. A misión do Centro San Xerome é facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar, laboral e social. Conmemoramos o décimo aniversario de XeRock (2003-2013) coa apertura deste blog, para informar das nosas actividades.
Ámbitos de Loita
| ÁMBITOS DE LOITA A banda de Rock: O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal. O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática. XeRock Percusión: No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro. XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual. |
lunes, 21 de abril de 2014
XeRock desafiando a lei da gravidade
Venres e sábado, ás 21:30.
Teñen unha actividade frenética, aquí tedes a web:
http://salaingravida.com/Sala_Ingravida/Inicio.html
lunes, 7 de abril de 2014
Tod@s con Marti
Fai 35 anos os pais que fundaron a nosa Asociación tiñan que poñerse nas portas das igrexas cun bote coa lenda "Campaña pro-Subnormales".
A día de hoxe aínda é necesario pedir limosna, qué vergoña de mundo...
XeRock está con Marti!
lunes, 24 de marzo de 2014
El Puzzle Rojo
El Puzzle Rojo, de Paco Merchán, presentador do programa de radio do Centro Penitenciario, onde cumpre condea de 9 anos por falsedade documental e estafa a entidade bancaria.
Unha aperta forte Paco, moitísimas grazas!!!
viernes, 21 de marzo de 2014
XeRock chimpando muros. Crónica da Lama
viernes, 7 de febrero de 2014
XeRock na Lama
domingo, 2 de febrero de 2014
CRÓNICA DUN CONCERTO ANUNCIADO
lunes, 13 de enero de 2014
Nova data para o Concerto presentación do novo disco
Despois de pospoñer o concerto previsto para o mes de decembro, anunciamos gustosos que xa temos nova data:
a presentación do novo disco de XeRock será o próximo sábado 1 de febreiro no Centro Social O Fuscalho de A Guarda ás 20:30 h.












