Ámbitos de Loita

ÁMBITOS DE LOITA
A banda de Rock:

O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal.

O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática.


XeRock Percusión:

No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro.

XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual.


domingo, 2 de febrero de 2014

CRÓNICA DUN CONCERTO ANUNCIADO

Presentación do novo disco de XeRock. Sábado 1 de febrero 2014. CS Fuscalho, A Guarda.

E así foi como naceu o novo traballo de estudio de XeRock, “…vou seguir insistindo estar”, nun concerto memorable cun cheo absoluto, e no ambiente familiar e amigo co que sempre acolle o Centro Social Fuscalho da Guarda: boa xente entisuasta e amable: sempre activa, sempre en loita. Como XeRock.

Dende XeRock o noso agradecemento máis sincero a tódolos fans do proxecto, e especialmente aos que estiveron sempre ahí dende o comezo, e que onte corearon as cancións e animaron ós auténticos protagonistas da velada: Gene, Puri, Vane e o Centro San Xerome.

Coa presentación deste novo traballo concluímos as actividades conmemorativas do décimo aniversario do Proxecto XeRock - Música e Discapacidade (2003-2013)

Emprendemos unha nova etapa, cun novo disco baixo o brazo, e con máis folgos que nunca para seguir traballando .  

XeRock “…vou seguir insistindo estar”-á venda na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galiza, 23 - A Guarda)- foi gravado por Miguel de la Peña en Estudios Baixo Miño.

Grazas por una noite inesquecible!

(Fotos cortesía de Iago Alonso)





lunes, 13 de enero de 2014

Nova data para o Concerto presentación do novo disco

Despois de pospoñer o concerto previsto para o mes de decembro, anunciamos gustosos que xa temos nova data:
a presentación do novo disco de XeRock será o próximo sábado 1 de febreiro no Centro Social O Fuscalho de A Guarda ás 20:30 h.

sábado, 21 de diciembre de 2013

Xa está á venda o novo disco de XeRock

Aínda que tivemos que aprazar o concerto-presentación decidimos poñer ó disco á venda igualmente.
Estas son unhas datas que entendemos que poden beneficiar moito a que se mova o disco.
Co cual a partir do luns 23 de decembro, na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galiza, 23 - A Guarda), estará disponible o CD "...vou seguir insistindo estar", o novo traballo de XeRock, a un prezo de 5 euros.
Regalade música, regalade ilusión.

lunes, 16 de diciembre de 2013

Aprazamento do Concerto-Presentación

Gene está un pouco pachucho, e queremos demasiado ó noso batería como para expoñer a súa saúde, asi que sentimos moito comunicar que QUEDA APRAZADO O CONCERTO-PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO previsto para o sábado 21 no C.S. O Fuscalho da Guarda.
Seguiremos informando. Unha aperta grande de parte de Gene e a banda para a todo o mundo, e graciñas pola comprensión.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Presentación novo disco de XeRock

A presentación do novo disco de XeRock será a guinda do noso décimo aniversario.
Será no Centro Social O Fuscalho de A Guarda o sábado 21 de decembro, e haberá tarta de cumpleanos, momentos para a nostalxia e novos temas. Velaquí un adianto do novo disco:

jueves, 24 de octubre de 2013

XeRock Percusión na reapertura do C.S O Fuscalho

O novo local do Centro Social O Fuscalho é unha pasada: ós pés do mar, con grandes cristaleiras hacia o porto da Guarda. Amplo e acolledor. Un espazo prometedor onde terán cabida todo tipo de actividades socio-culturais alternativas de aquí en diante.

Estamos orgullosos de anunciar que estamos convidados á estrea do novo local.
Este sábado 26 a iso das 19:30 h. actuará XeRock Percusión.