Entrevista ao profe de música Victor Fuggetto na web de Insonoro.
http://www.insonoro.com/rumiacion/19/musica-y-discapacidad
XEROCK é un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda. A misión do Centro San Xerome é facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar, laboral e social. Conmemoramos o décimo aniversario de XeRock (2003-2013) coa apertura deste blog, para informar das nosas actividades.
ÁMBITOS DE LOITA A banda de Rock: O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal. O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática. XeRock Percusión: No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro. XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual. |
Entrevista ao profe de música Victor Fuggetto na web de Insonoro.
http://www.insonoro.com/rumiacion/19/musica-y-discapacidad
* martes 30 setembro. Centro Penitenciario da Lama (Pontevedra)
* xoves 9 outubro. Sala Rouge (Vigo)
* sábado 18 outubro. Multiusos del Tormes (Salamanca)
* venres 24 outubro. CS Fuscalho (A Guarda)
Presentamos as novas camisetas de XeRock... se vos interesa: xerockme@gmail.com, ou directamente no Sanxe!
Fai tres anos San Xerome e San Pedro botaron un polvo, e dende entón repiten cada ano por estas datas.
Sempre é un pracer, graciñas Roxo e xentiña da Comisión de Festas de San Pedro.
Fai 35 anos os pais que fundaron a nosa Asociación tiñan que poñerse nas portas das igrexas cun bote coa lenda "Campaña pro-Subnormales".
A día de hoxe aínda é necesario pedir limosna, qué vergoña de mundo...
XeRock está con Marti!
Despois de pospoñer o concerto previsto para o mes de decembro, anunciamos gustosos que xa temos nova data:
a presentación do novo disco de XeRock será o próximo sábado 1 de febreiro no Centro Social O Fuscalho de A Guarda ás 20:30 h.