Presentación do novo disco de XeRock. Sábado 1 de febrero 2014. CS Fuscalho, A Guarda.
E así foi como naceu o novo traballo de estudio de XeRock, “…vou seguir insistindo estar”, nun concerto memorable cun cheo absoluto, e no ambiente familiar e amigo co que sempre acolle o Centro Social Fuscalho da Guarda: boa xente entisuasta e amable: sempre activa, sempre en loita. Como XeRock.
Dende XeRock o noso agradecemento máis sincero a tódolos fans do proxecto, e especialmente aos que estiveron sempre ahí dende o comezo, e que onte corearon as cancións e animaron ós auténticos protagonistas da velada: Gene, Puri, Vane e o Centro San Xerome.
Coa presentación deste novo traballo concluímos as actividades conmemorativas do décimo aniversario do Proxecto XeRock - Música e Discapacidade (2003-2013)
Emprendemos unha nova etapa, cun novo disco baixo o brazo, e con máis folgos que nunca para seguir traballando .
XeRock “…vou seguir insistindo estar”-á venda na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galiza, 23 - A Guarda)- foi gravado por Miguel de la Peña en Estudios Baixo Miño.
estuvisteis geniales a seguir deleitándonos
ResponderEliminar