Ámbitos de Loita

ÁMBITOS DE LOITA
A banda de Rock:

O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal.

O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática.


XeRock Percusión:

No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro.

XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual.


miércoles, 28 de mayo de 2014

Estrea da nova formación de XeRock Percusión

Mañán xoves estaremos no Centro Residencial APAMP de Navia, en Vigo, coa nova formación de XeRock Percusión, cun total de 16 músicos... vai temblar.

...e si, xa o sabemos: o cartel é espectacular ;)


No hay comentarios:

Publicar un comentario