O vindeiro xoves 26 de xuño ás 11:00 da mañá terá lugar no Centro San Xerome o acto de entrega de diplomas do curso de formación "Operacións básicas de pisos en aloxamento", no cal participaron usuari@s do Centro que tamén forman parte de XeRock Percusión
Imos tocar unhas pezas para n comité de directivos da Fundación ONCE, a entidade financieira, que entregarán persoalmente os diplomas.
Aproveitamos para recordar que este sábado tamén estaremos actuando no 2º Mercado da Música, ás 12:00 da mañá nops xardíns do Centro Cultural.
XEROCK é un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda. A misión do Centro San Xerome é facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar, laboral e social. Conmemoramos o décimo aniversario de XeRock (2003-2013) coa apertura deste blog, para informar das nosas actividades.
Ámbitos de Loita
ÁMBITOS DE LOITA A banda de Rock: O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal. O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática. XeRock Percusión: No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro. XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario