XEROCK é un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda. A misión do Centro San Xerome é facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar, laboral e social. Conmemoramos o décimo aniversario de XeRock (2003-2013) coa apertura deste blog, para informar das nosas actividades.
Ámbitos de Loita
ÁMBITOS DE LOITA A banda de Rock: O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal. O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática. XeRock Percusión: No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro. XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual. |
miércoles, 28 de mayo de 2014
Estrea da nova formación de XeRock Percusión
...e si, xa o sabemos: o cartel é espectacular ;)
lunes, 26 de mayo de 2014
Camisetas de XeRock!
Presentamos as novas camisetas de XeRock... se vos interesa: xerockme@gmail.com, ou directamente no Sanxe!
jueves, 8 de mayo de 2014
San Xerome vs San Pedro
Fai tres anos San Xerome e San Pedro botaron un polvo, e dende entón repiten cada ano por estas datas.
Sempre é un pracer, graciñas Roxo e xentiña da Comisión de Festas de San Pedro.