Aínda que tivemos que aprazar o concerto-presentación decidimos poñer ó disco á venda igualmente.
Estas son unhas datas que entendemos que poden beneficiar moito a que se mova o disco.
Co cual a partir do luns 23 de decembro, na Tenda Atalaia do Centro San Xerome (Rúa Galiza, 23 - A Guarda), estará disponible o CD "...vou seguir insistindo estar", o novo traballo de XeRock, a un prezo de 5 euros.
Regalade música, regalade ilusión.
XEROCK é un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda. A misión do Centro San Xerome é facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar, laboral e social. Conmemoramos o décimo aniversario de XeRock (2003-2013) coa apertura deste blog, para informar das nosas actividades.
Ámbitos de Loita
ÁMBITOS DE LOITA A banda de Rock: O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal. O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática. XeRock Percusión: No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro. XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual. |
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario