XEROCK é un proxecto promovido e coordinado dende o Centro San Xerome Emiliani de A Guarda. A misión do Centro San Xerome é facilitar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias apoios e servizos profesionalizados para mellorar a súa calidade de vida, intervindo no ámbito persoal, educativo, familiar, laboral e social. Conmemoramos o décimo aniversario de XeRock (2003-2013) coa apertura deste blog, para informar das nosas actividades.
Ámbitos de Loita
ÁMBITOS DE LOITA A banda de Rock: O grupo de rock XeRock nace no ano 2003 como resposta ás inquedanzas e aptitudes musicais de varios dos usuarios do Centro. En decembro de ese mesmo ano dan o seu primeiro concerto, contando a día de hoxe con case medio centenar por toda España e Portugal. O impacto social de XeRock quedou reflexado no documental "Cantos Rodados" (Ficción Produccións) no ano 2008, acadando unha importante repercusión mediática. XeRock Percusión: No ano 2009 o proxecto amplia o seu campo de acción formando un grupo de percusión integrado por usuarios do Centro. XeRock Percusión, tamen chamado "Percusión Espontánea" é unha expresión musical con base rítmica na que participan entre 8 e 15 persoas con discapacidade intelectual. |
domingo, 17 de abril de 2016
Maratón de XeRock en Coruña
O reto no que andaba a barallar dende fai máis dun ano foi participar na Maratón de Coruña e adicarlle a carreira á súa moza, Celia. E así foi, hoxe percorreu os máis de 42 kilómetros pola cidade herculina en apenas 3 horas e media. Os XeRock enterámonos de que se abría unha convocatoria a grupos que quixeran amenizar o evento, e alí fomos,
Catro horas de rock and roll sen descanso no paseo de Riazor, toda unha hazaña.
Aquí as imaxes do evento, unha fermosas fotografías de Foa.
lunes, 11 de abril de 2016
XeRock e Borja a correr a Maratón
Dende o concello de Coruña apostaron por unha iniciativa que se vén realizando noutras cidades cunha grande acollida:
unha convocatoria a grupos de música, danza, etc para animar o percorrido da Maratón que se vai celebrar este domingo 17 de abril, e XeRock resultou seleccionado.
Estaremos no paseo de Riazor dende as 8:30 da mañán! Todo un reto que ben paga a pena, xa que o noso Borja tamén vai participar na carreira.