No 2005, dous anos despois de comeza-la andaina de XeRock,
gravamos seis cancións con Elías Domínguez en "SinTonNiSon Estudios".
Editámolo, e o resultado foi "IntegrAcción", toda
unha declaración de principios. Un disco que nos leva acompañado dende entón, e
que claramente marcou un antes e un despois na banda, no Proxecto.
Pois ben, levounos oito anos, pero estamos a gravar de novo.
E outra vez seis temas.
Baixo Miño Estudios entendeunos e atendeunos perfectamente.
Quixemos gravalo en directo, coas nosas subidas de tono e as nosas baixadas de
tensión. Comezará a soar despois do veran.
Gracias Elías Domínguez.
Gracias Miguel de la Peña.