GENE
Coñezo a Generoso dende fai mais de dez anos.
Quérolle moito, é un tipo singular. Gene é desas peroas que son todo corazón,
tanto para rir como para cagarse en todo e patear unha porta; un tirano da
simpatía. Amante da conversa, do ritmo, e de todo aquilo que teña motor e rodas. Tamen é amante dunha
moza de Redondela: Vicky, a única persoa sobre a faz da terra capaz de poñerlle
as pilas de verdade.
O primeiro que me dixo o día que mo presentaron foi
preguntarme se tiña coche. Eu pregunteille se él tiña unha batería. Eu dixen
"aínda non", él respondeume "si, no salón da casa". E alí
comezou todo.
VANE
Sen Vane no habería Rock. Impórtalle un carallo o que ti lle
digas. Non atende a horarios, nin a xefes nin a obrigas. Ás veces
pasota, ás veces rebelde... con todo, menos co amor. Iso si que é Rock.
Tivo a sorte de crecer na casa dun músico, e toca o baixo. Á
hora de ensaiar é un pouco perezosa, pero se hai que pillar a furgo, actuar
polo mundo adiante, ten por seguro que é a primeira en aparecer, sempre toda
guapa. Mólalle moito debuxar, e a min encántame, porque aínda que a miña melena
é cada vez mais escasa, ela sempre se preocupa de debuxarme cunha boa mata.
PURI
En tan sólo 6 meses Puri sumerxiuse no proxecto coma se levara
toda a vida. Nunca mirei unha persoa tocar a pandereta con tanta
responsabilidade.
Os caprichos de Puri non son moitos, pero sí intensos:
atender na Cafetería do San Xerome e a cor rosa fucsia son dous deles. Ten a
vida arreglada, e se lle deixas, pódeche arreglar a túa tamen. É unha cousiña
amorosa, pequerrecha, e vestida da cor do chicle que cando a ves sólo podes
pensar en achuchala... Entón e cando che solta iso de "ti estás cabra de todo".
Derrítese cando mira un bebeciño, e podes intuir que está
reprimíndose con todalas suas forzas para non collelo no regazo: coño, un bebé!
Ciano e Víctor son os outros dous, as incógnitas da ecuación, os que tiran
do carro, ás veces incluso p´trás.